ÁrbitrosDeporteFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrapplinLoita GrecorromanaLoita Libre Olímpica

6 ÁRBITROS GALEGOS ACUDEN A MADRID O SEMINARIO NACIONAL DE ARBITRAXE

Galicia é a comunidade autónoma que mais árbitros despraza a esta xornada formativa que durará dende o venres 6 ata o domingo 8 de Novembro nas instalacións do CAR de Madrid.

A Federación Española de Loitas Olímpicas un ano mais organiza un curso para o ascenso dos árbitros as categorías nacionais e perfila os mellores xuíces para dar o salto a categoría internacional.
Os árbitros e xuíces Galegos desprazados a Madrid este fin de semana, atópanse entre os mellores valorados a nivel nacional e internacional. As actualizacións para os árbitros serán nas modalidades Olímpicas: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina, así como para as modalidades non Olímpicas: Grappling e MMA.
Os árbitros Galegos desprazados ata Madrid son:
Ángel Amor (FGLeDA), Diego Villanueva (Club de Lucha El Castro de Vigo), Marcos Araujo Pereira (Club San Ignacio de Vigo), Carlos Fabián Tihebaut, Miguel Magariños y Miguel González (Club de Loita do Morrazo).
Agardamos que teñan a mellor das sortes neste curso nacional.

IMG_5710
Anterior

CLINIC E CONCENTRACIÓN NACIONAL

Seguinte

REPORTAXE DA CONCENTRACIÓN NACIONAL FEMININA NO CGTD

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>