6 ÁRBITROS GALEGOS ACUDEN A MADRID O SEMINARIO NACIONAL DE ARBITRAXE
Galicia é a comunidade autónoma que mais árbitros despraza a esta xornada formativa que durará dende o venres 6 ata o domingo 8 de Novembro nas instalacións do CAR de Madrid.
A Federación Española de Loitas Olímpicas un ano mais organiza un curso para o ascenso dos árbitros as categorías nacionais e perfila os mellores xuíces para dar o salto a categoría internacional.
Os árbitros e xuíces Galegos desprazados a Madrid este fin de semana, atópanse entre os mellores valorados a nivel nacional e internacional. As actualizacións para os árbitros serán nas modalidades Olímpicas: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Libre Feminina, así como para as modalidades non Olímpicas: Grappling e MMA.
Os árbitros Galegos desprazados ata Madrid son:
Ángel Amor (FGLeDA), Diego Villanueva (Club de Lucha El Castro de Vigo), Marcos Araujo Pereira (Club San Ignacio de Vigo), Carlos Fabián Tihebaut, Miguel Magariños y Miguel González (Club de Loita do Morrazo).
Agardamos que teñan a mellor das sortes neste curso nacional.
Sen comentarios