ALEXANDER KACHELAEV RECOÑECIDO NA ORDEN DO MÉRITO DEPORTIVO DE GALICIA 2017
O técnico Alexander Kachelaev (Moscú, 1946), será recoñecido nos premios mais importantes do deporte en Galicia, a ÓRDEN DO MÉRITO DEPORTIVO DE GALICIA 2017. A entrega dos premios terá lugar o vindeiro 08 de xuño, ás 19:00 horas, no Coliseo Noela, de Noia (Rúa Curro s/n).
Alexander Kachelaev, continua traballando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, formando os mellores deportistas Galegos da actualidade. Ten no seu curriculum mais de 100 campións de España de Loitas Olímpicas en todos os grupos de idade. Así como incontables participacións de alumnos en campionatos de Europa e do Mundo.
Kachelaev, chegou a Galicia no ano 1991, da man do entón Secretario Xeral para o Deporte, Don Augusto Lendoiro, na época, na que o deporte Galego comezaba a despegar.
Aquí deixamos parte dos méritos presentados, que resumen una vida ligada as Loitas Olímpicas:
Alexander Kachelaev Terentevich, nado en Moscú en 1946, no seo dunha familia humilde, cunha irmá que faleceu na segunda guerra mundial, encamiña os seus pasos cara o deporte. E escolle as Loitas Olímpicas como o seu referente deportivo e académico. Cunha traxectoria deportiva impecable, sobresae no eido académico na universidade de Moscú, tras finalizar a licenciatura en Pedagoxía encamiña os seus pasos cara a outra Licenciatura, a de Ciencias da actividade física e o deporte. Nesta última acada a cátedra en Loitas Olímpicas. O seu maior recoñecemento ven da man da concesión da Orde Benemérita do Deporte da URSS, por selo adestrador mais novo en ter un campión Olímpico. Anos mais tarde encamiña o seu futuro en formar as diferentes categorías das seleccións Galegas de Loita, tendo mais de un cento de deportistas campións de España en tódalas categorías de idade.Titulación académica: – Licenciado en Ciencias da actividade física e o deporte pola Universidade de Moscú (1973-1978). – Catedrático na especialidade de Loitas Olímpicas pola Universidade de Moscú (1978). – Licenciado en Pedagoxía pola Universidade de Moscú (1968-1973). – Adestrador internacional recoñecido pola FILA (Federación Internacional de Loitas Asociadas). – Ten a ORDE BENEMÉRITA DO DEPORTE DA URSS, por selo adestrador mais novo con alumnos campións Olímpicos, no ano 1980. Itinerario como deportista: Itinerario como responsable organizativo da URSS: Itinerario como adestrador da URSS: Itinerario como responsable da Loita en Galicia e no CGTD de Pontevedra: |
Sen comentarios