Sin categoría

ALEXANDER KACHELAEV RECOÑECIDO NA ORDEN DO MÉRITO DEPORTIVO DE GALICIA 2017

O técnico Alexander Kachelaev (Moscú, 1946), será recoñecido nos premios mais importantes do deporte en Galicia, a ÓRDEN DO MÉRITO DEPORTIVO DE GALICIA 2017. A entrega dos premios terá lugar o vindeiro 08 de xuño, ás 19:00 horas, no Coliseo Noela, de Noia (Rúa Curro s/n).

Alexander Kachelaev, continua traballando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, formando os mellores deportistas Galegos da actualidade. Ten no seu curriculum mais de 100 campións de España de Loitas Olímpicas en todos os grupos de idade. Así como incontables participacións de alumnos en campionatos de Europa e do Mundo.

Kachelaev, chegou a Galicia no ano 1991, da man do entón Secretario Xeral para o Deporte, Don Augusto Lendoiro, na época, na que  o deporte Galego comezaba a despegar.

Aquí deixamos parte dos méritos presentados, que resumen una vida ligada as Loitas Olímpicas:

Alexander Kachelaev Terentevich, nado en Moscú en 1946, no seo dunha familia humilde, cunha irmá que faleceu na segunda guerra mundial, encamiña os seus pasos cara o deporte. E escolle as Loitas Olímpicas como o seu referente deportivo e académico. Cunha traxectoria deportiva impecable, sobresae no eido académico na universidade de Moscú, tras finalizar a licenciatura en Pedagoxía encamiña os seus pasos cara a outra Licenciatura, a de Ciencias da actividade física e o deporte. Nesta última acada a cátedra en Loitas Olímpicas.
O seu maior recoñecemento ven da man da concesión da Orde Benemérita do Deporte da URSS, por selo adestrador mais novo en ter un campión Olímpico.
Anos mais tarde encamiña o seu futuro en formar as diferentes categorías das seleccións Galegas de Loita, tendo mais de un cento de deportistas campións de España en tódalas categorías de idade.Titulación académica:
– Licenciado en Ciencias da actividade física e o deporte pola Universidade de Moscú (1973-1978).
– Catedrático na especialidade de Loitas Olímpicas pola Universidade de Moscú (1978).
– Licenciado en Pedagoxía pola Universidade de Moscú (1968-1973).
– Adestrador internacional recoñecido pola FILA (Federación Internacional de Loitas Asociadas).
– Ten a ORDE BENEMÉRITA DO DEPORTE DA URSS, por selo adestrador mais novo con alumnos campións Olímpicos, no ano 1980.

Itinerario como deportista:
– Campión de Rusia de Loita Libre Olímpica, 90 kg no 1969.
– Internacional coa selección soviética de Loita Libre Olímpica do 1966 ata 1972.

Itinerario como responsable organizativo da URSS:
– Foi o responsable da organización dos DEPORTES DE COMBATE para os Xogos Olímpicos de Moscú 1980.
– Seleccionador URSS y Director técnico da Loita Libre Olímpica para toda a URSS (1976-1982).
– Xefe dos deportes de combate da URSS, do 1982 ata 1990.
– Foi un dos impulsores dos éxitos da Loita Libre Olímpica soviética a nivel mundial.

Itinerario como adestrador da URSS:
Foi o adestrador mais novo da URSS en acadar que un alumno seu fose Campión Olímpico. Entre os deportistas mais destacados está:
– Aganisian Sanasar, Campión Olímpico en Moscú 1980 en Loita Libre Olímpica en 90kg.
– Aganisian Sanasar, Campión do Mundo 1981 en Loita Libre Olímpica en 90kg.
– Magomedhad Agasilov, Subcampión Olímpico en Moscú 1980 en Loita Libre Olímpica en 82kg.
– Magomedhad Agasilov, campión do mundo 1978 en Loita Libre Olímpica en 82kg.
– Bagap Kasivekov, 2 veces Campión de Europa en Loita Libre Olímpica en 82kg.

Itinerario como responsable da Loita en Galicia e no CGTD de Pontevedra:
Alexander Kachelaev ven a España a través dun convenio de traballo co goberno da antiga URSS no ano 1991, para preparar os deportistas Galegos de cara a Barcelona 1992.
Asume o cargo de Seleccionador Galego e responsable do grupo de Loita do C.G.T.D. de Pontevedra no ano 1992. Dende entón ata hoxe continua ligado o grupo de Loita do C.G.T.D de Pontevedra con innumerables éxitos deportivos.
Ten no seu haber:
– Mais de un cento de deportistas campións de España en todas as categorías de idade.
– É o único adestrador en Galicia que ten deportistas Campións de España nas tres modalidades deportivas: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Libre Feminina.
– Formou as 3 únicas mulleres que participaron nos campionatos de Europa cadete e júnior de Loita Feminina:
o Noelia Lalín Canda.
o Lidia Pérez Touriño.
o Nerea Vila Fernández.
– Formou o deportista preolímpico para Beijíng 2008 e Atenas 2004 na categoría de 96 kg de Loita Libre Olímpica:
o Nicolás Castro Seoane.
– Formou os primeiros deportistas Galegos da categoría cadete en participar nuns Campionatos do Mundo de Loitas Olímpicas:
o Pablo Rubén Pintos Figueroa.
o Diego Villanueva González.
– Levou a Galicia a acadar o 1º posto a nivel Nacional por seleccións, en todas as categorías de idade e nas tres disciplinas deportivas Olímpicas: Loita Libre Olímpica, Loita Grecorromana e Loita Feminina.

Árbitros Galegos. Marcos Araujo 2º dereita
Anterior

MARCOS ARAUJO CONVOCADO PARA O ASCENSO INTERNACIONAL DE ARBITRAXE

2017-06-03 traviesas clausura escuelas 043
Seguinte

CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE LOITAS OLÍMPICAS EN VIGO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>