PABLO GARCÍA GARCÍA DESIGNADO MELLOR DEPORTISTA DO TORNEO RGCC
Pablo García García (Club de Loita Pontevedra), obtivo o recoñecemento como o MELLOR DEPORTISTA DO TORNEO CUADRANGULAR RGCC de Gijón, este pasado sábado 11 de Xuño.
Pablo García García participuo na categoría de 82 kg en Loita Libre Olímpica, ocupando tamén a categoría de 92kg en Loita Grecorromana. Durante o torneo gañou os 6 combates que disputou e non cedeu ningún punto técnico na súa contra.
Tanto Pablo García (Club de Loita Pontevedra), como Damián Iglesias (Club de Loita Touro), foron decisivos na vitoria do combinado Galego no torneo RGCC e agora teñen como seguinte obxectivo o Torneo Internacional Gran Premio de España que terá lugar o 10 de Xullo en Madrid.
Sen comentarios