DeporteDeporte BaseFederacionFegaloitaLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSeniorTorneos

GALICIA GAÑA O “XX TORNEO CUADRANGULAR NACIONAL RGCC DE GIJÓN”

Este pasado sábado 11 de Xuño, o equipos que representou a Galicia no Torneo cuadrangular do Real Grupo Cultural Covadonga de Gijón, acadou o primeiro posto. Galicia gañou de xeito consecutivo as 3 últimas edicións deste torneo.

Esta competición tivo unhas xornadas previas de formación con Rollie Peterkin, afamado loitador de EEUU nas categorías previas a absoluta, quen deu un seminario moi interesante tanto para os adestradores como para os deportistas.
Os resultados finais por equipos do Torneo foron:
1ª- Galicia.
2ª- Real Grupo Cultural Covadonga.
3ª- Selección Madrileña.
4ª- Selección de Burgos e País Vasco.
Cabe destacar o nivel dos deportistas achegados a este torneo, destacando a vitoria do Loitador Galego Damián Iglesias Vilela (Club de Loita Touro) sobre o actual campión de España absoluto Christian Rodriguez (Madrid) na categoría de 97kg. Por outra banda destacar o recoñecemento co premio de mellor loitador da competición a Pablo García García (Club de Loita Pontevedra).

Os deportistas que representaron a Galicia en este cuadrangular foron:
Libre Olímpica Masculina                         Loita Grecorromana
72 kg- Pablo Pintos (Lugo)                   72 kg- Rubén Méndez (Keltoi)
82 kg- Pablo Garcia (Pontevedra)      82 kg- Ginés Martínez (Pontevedra)
92 kg- Jose L. Puentes (Vilalba)         92 kg-
102 kg- Damián Iglesias (Touro)       102 kg- Marcos Miragaya (Pontevedra)
Adestrador Nicolás Castro Seoane

Asamblea FELODA
Anterior

ASAMBLEA FELODA

Pablo García mellor deportista
Seguinte

PABLO GARCÍA GARCÍA DESIGNADO MELLOR DEPORTISTA DO TORNEO RGCC

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>