FederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSeniorTorneosXogos Olímpicos

NICOLÁS CASTRO VOLVE DE TURQUÍA COA CLASIFICACIÓN PARA RIO 2016

Nicolás Castro Seoane (Vilalba, 1976), acudiu como técnico nacional o torneo clasificatorio para os XXOO en Estambul (Turquía), onde se acadadou a clasificación directa do deportista Taimuraz Friev na categoría de 74kg Loita Libre Olímpica.

O éxito mais importante dos últimos anos nas Loitas Olímpicas a nivel nacional, ten acento Galego, da man de Nicolás Castro. O técnico nacional forma parte do staff que ven de acadar unha histórica clasificación para os XXOO de Río 2016, na modalidade de Loita Libre Olímpica, da man do deportista Taimuraz Friev (74kg).
O técnico chairego, afincado en Santiago de Compostela, leva traballando coa selección nacional absoluta durante este último ciclo Olímpico, acadando con todo o equipo técnico a mellor noticia que se poda ter antes de uns Xogos, ter representación nos mesmos.
Taimuraz venceu o representante Iraquí por 12-2, en oitavos de final o representante Armenio por 18-8, en cuartos de final o representante Uruguayo por 11-0 e en semifinais o representante Polaco por 8-3 e tocado. Unha vez na final e xa clasificado para Río 2016, non disputou a final ante o representante Uzbeco por precaución, ante unha posible lesión.
Nicolás Castro, dende Istambul afirma que “é fantástico axudar a todos os deportistas do equipo nacional que viaxaron ata Istambul, as rapazas de Loita Feminina, os rapaces de Loita Grecorromana e os de Loita Libre Olímpica, non tivemos moita sorte, pero este resultado amosa de novo o camiño a percorrer…”.

Equipo Nacional
Anterior

FINALIZA A CONCENTRACIÓN INTERNACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS EN MURCIA

Algúns participantes dos centros educativos da actividade - copia
Seguinte

100 ALUMNOS DO DEZA PARTICIPARON NA PRIMEIRA XORNADA DO XOGALOITA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>