Lidia Pérez acudirá do 23 ó 27 de Xuño a cita continental da categoría júnior, que terá lugar na cidade de Istambul (Turquía).
A deportista Pontevedresa do Club de Loita Pontevedra e becada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, parte mañá cara a Istambul na que será a cita mais importante do ano para ela, xa que é a única representante Galega que viaxa a este campionato e parte coa responsabilidade de facer un bo resultado tras un ano 2015 cheo de éxitos. Non en vano, neste ano 2015, Lidia Pérez, proclamouse campioa de España nas categorías júnior e sénior. Unha tempada 2015 para enmarcar.
Lidia Pérez é unha baza fixa da selección Española júnior de Loita Feminina, e trata de facerse un oco na selección absoluta.
O Europeo de Istambul é unha boa pedra de toque para valorar o nivel internacional que atesoura.
Unha vez rematado o Cto. de Europa, o seu próximo obxectivo será o Gran Premio de España de Loitas Olímpicas na categoría absoluta, que pode abrirlle as portas a súa participación no Cto. do Mundo absoluto, que terá lugar en Las Vegas (EEUU), e será o primeiro torneo clasificatorio para Río 2016.
Sen comentarios