A comunicación presentada polo Director Técnico da FGLeDA, foi a representación do novo modelo de eficiencia das Federacións no Congreso Iberoamericano da Economía do Deporte [CIED 6], celebrado na Universidade de Murcia do 17 o 19 de Xuño.

A comunicación presentada por Pablo Pintos Figueroa [Vigo, 1978], Director Técnico da FGLeDA, foi seleccionada polo comité científico do CIED para a exposición pública da mesma.

Este traballo descritivo lonxitudinal, recolle a evolución das contías económicas destinadas as Federacións Deportivas [Olímpicas e NON Olímpicas, estando incluídas as Paralímpicas] dende o ano 2005 ata o ano 2015, tanto das 60 Federacións Galegas como das 65 Federacións Españolas. Por outra banda analizouse a evolución dos deportistas de alto nivel nacionais [DAN] e os Galegos [DGAN], así como as axudas destinadas os deportistas no mesmo período de tempo.

A comunicación tivo gran acollida entre a comunidade científica, debido o volume de datos obtidos e as correlacións entre Federacións autonómicas e nacionais.

O principal obxectivo é o de valorar e cuantificar a eficiencia das Federacións, amosando os datos que a meirande parte das Federacións Galegas, son eficientes en relación directa os medios económicos que manexan. Estamos falando que o presuposto das Federacións Galegas no ano 2015 voltou a valores anteriores o ano 2005.

En breve amosaremos todos os datos do estudio lonxitudinal, levado a cabo grazas os datos aportados pola Secretaría Xeral para o Deporte, o Consejo Superior de Deportes e a Universidade de Vigo.

de
Anterior

ACHEGANDO O COÑECEMENTO DO RENDEMENTO OS CENTROS EDUCATIVOS

Seguinte

LIDIA PÉREZ ACUDE O CAMPIONATO DE EUROPA JÚNIOR DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>