INFORMACIÓN CTOS. ESPAÑA UNIVERSITARIOS
Este é o primeiro ano que se disputa de xeito oficial o CEU (Campionato de España Universitario) de Loitas Olímpicas, que terán lugar en San Javier (Murcia) o 30 de Abril.
Os alumnos terán que, en función da Universidade na que cursen os seus estudos, proceder do xeito que se indica:
Alumnos matriculados na UNIVERSIDADE DE VIGO: Teñen que darse de alta no seguinte enlace:
https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/actividades/datos.jsp?idActividad=785
Alumnos matriculados na UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA: Terán que enviar un mail solicitando a participación no CEU de Loita o seguinte mail: miguel.magan@si.usc.es
Alumnos matriculados na UNIVERSIDADE DE CORUÑA: Terán que enviar un mail solicitando a participación no CEU de Loita o seguinte mail: deportes@udc.es
Recordade que os deportistas que soliciten a súa participación no CEU, terán que cumprir os requisitos establecidos por cada Universidade Galega.
Sen comentarios