GONZALO CAPARRÓS CONVOCADO COA SELECCIÓN NACIONAL CADETE PARA O EUROPEO
O deportista Gonzalo Caparrós do Club Atila de Ourense, viaxou do 11 ó 16 de Xuño o campionato de Europa cadete U-17, que ten lugar en Bucarest (Rumanía).
Esta é a primeira vez que o deportista acude convocado coa selección nacional a unha cita continental, facendo historia para a loita grecorromana da cidade de Ourense.
Non tivo toda a sorte do seu lado, caendo contra o representante de Georgia, na súa primeira participación, e non tivo posibilidade de repesca. Agora toca seguir pensando nas seguintes citas do calendario.
O traballo do técnico Jacobo Novoa, na cidade de Ourense, está facendo historia no noso deporte. A formación dos deportistas continua o longo dos anos, polo que ten moitas máis oportunidades de amosar a súa valía.
Sen comentarios