Sin categoría

2º RANKING SERIES MUNDIAL DE LOITA PRAIA EN SANXENXO

SANXENXO acolle a 2ª parada do RANKING SERIES MUNDIAIS DE LOITA PRAIA, durante o sábado 18 e domingo 19 de Xuño, na praia de Silgar.

Esta é a primeira vez na historia do noso deporte, que se organiza en España unha proba de este nivel deportivo.

O Ranking Series, ten as seguintes paradas o longo de este verán:

Os eventos no calendario da Federación Internacional para o ano 2022, son:

  • 1st stop 28-29/05/2022 Ortaca (TUR)
  • 2nd stop 18-19/06/2022 Sanxenxo (ESP): PRAIA DE SILGAR.
  • 3rd stop 01-02/07/2022 Saint-Laurent-du-Var (FRA)
  • 4th stop 09-10/07/2022 Katerini (GRE)
  • FINAL 03-04/09/2022 Constanta (ROU)

A Sanxenxo acudirán os mellores deportistas dos 20 países inscritos en este evento, onde destacan sobre todos: Georgia, Rumanía, Francia, Azerbaijan, Grecia, Tajikistán ou Portugal. En un valor especial a presenza de Ucraina en este evento, dada a situación pola que está atravesando o seu país en este momento, coa escalada bélica.

A colaboración directa entre a Federación Española e a Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. posibilitou achegar este gran evento a España. E grazas a atención do Concello de Sanxenxo, amosando todas as facilidades para albergar esta proba, así como a colaboración da Deputación de Pontevedra e a Secretaría Xeral para o Deporte, Galicia será o centro mundial da loita praia durante os días 18 e 19.

Os horarios de competición serán de 10:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas. As FINAIS quedan reservadas para o domingo 19 de 15:00 a 18:00 horas, onde os deportistas se xogarán as preseas, o trofeo o mellor derrubo (o mais espectacular), así como a clasificación final por equipos.

Para este evento a Federación Galega de Loita e D.A. montará na praia de Silgar, unha instalación deportiva, con gradas, jaimas e 2 círculos oficiais de Loita (7 metros de diámetro), para o desenrolo de esta proba.

Por outra banda, a Loita Praia e moi fácil de entender:

  • Gaña o deportista que consiga 3 puntos antes de que finalice o tempo de combate (3 minutos)
  • Conséguese 1 punto cada vez que:
    • O adversario pisa fora do círculo.
    • Derrubamos o adversario e toca a area con calquera parte do corpo que non sexan as prantas dos pes.
  • Conséguense 3 puntos e acábase o combate cando se proxecta o adversario polo aire e cae coas costas contra a area.
  • En caso de que remate o tempo, vencerá o deportista con maior número de puntos.

A selección Española de Loita Praia acude con 3 deportistas Galegos:

  • Noelia Lalín, do Club Keltoi de Vila de Cruces, competirá en +70 kg.
  • Cora Ayude Pallas, da Escola Ayude de Santiso, competirá en + 70 kg.
  • Pablo García García, do Club de Loita Pontevedra, competirá en -80 kg.

 

Os casos especiais de Lydia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra) Nerea Pampín Blanco (Club Keltoi de Vila de Cruces) e Damián Iglesias Vilela, clasificados para este evento, NON PARTICIPARÁN por estar seleccionados para participar coa Selección Nacional Absoluta para os XOGOS DO MEDITERRÁNEO.

Os deportistas Galegos, seguen sendo un referente nacional en Loita Praia e Loitas Olímpicas…!!!

No mes de Outubro, Galicia acollerá os CAMPIOANTOS DO MUNDO U-23 DE LOITAS OLÍMPICAS, así como os MUNDIAIS DE LOITA GRAPPLING e GRAPPLING-GI U-17, U-20 e ABSOLUTOS, converténdose no este evento no mais numeroso de todo o calendario mundial.

Gonzalo-Caparros-campeon-de-Espana-400x280
Anterior

GONZALO CAPARRÓS CONVOCADO COA SELECCIÓN NACIONAL CADETE PARA O EUROPEO

Equipo completo
Seguinte

2 MEDALLAS GALLEGAS EN EL RANKING SERIES MUNDIAL DE LUCHA PLAYA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>