Ourense acolle este próximo sábado 11 de Abril a Xornada Sura da liga de deporte de base de Loitas Olímpicas no pavillón municipal de Oira en xornada de mañá.

A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 11:00 ata as 13:00 horas, período no que os mais pequenos poderán gozar do deporte. A competición pódese levar a cabo grazas a colaboración do Club de Loita Atila de Ourense, que está a dinamizar as Loitas Olímpicas na cidade das Burgas. Colaboran tamén as diferentes administracións públicas, como son o Concello de Ourense, a Exc. Deputación de Ourense e a Secretaría Xeral para o Deporte.

Os mellores Clubs da zona sur de Galicia, participarán nesta competición lúdica organizada para os mais novos, deportistas de entre 6 e 12 anos, na que a diferenza da competición dos maiores, esta é por equipos.

Dinamizar o deporte de base, ten que ser unha máxima que debe estar presente en actividade. Vincular os mais novos co deporte é garantir o futuro do mesmo, polo que a competición está pensada para o goce dos mais pequenos.

Rapazas e rapaces compiten por equipos para clasificarse para a xornada final. Todos os membros dos clubs suman puntos para os mesmos, independentemente dos seus resultados individuais, tratando así de que todos os deportistas aporten o seu grao de area o resultado global do Club o que pertencen.

Agardamos que sexa unha festa para todos os pequenos e pequenas.

xornada_sur

Anterior

8 OUROS, 11 PRATAS E 8 BRONCES. CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

Loita_3
Seguinte

10 DEPORTISTAS ACODEN A COPA DE ESPAÑA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>