ConcentraciónFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSeniorTorneos

UN SPARRING RUSO PENSANDO NO CTO. DE ESPAÑA ABSOLUTO

O sparring Ruso, Georgi Nogaev, permanecerá concentrado nas instalacións do CGTD de Pontevedra, adestrando cos deportistas da selección Galega absoluta, que o vindeiro fin de semana, sábado 20 de Febreiro, competirán no cto. de España absoluto de Loitas Olímpicas.

San Javier (Murcia), volve a acoller o campionato de España, onde se decidirán os deportistas que formarán parte da selección nacional que participará nos clasificatorios para os XXOO de Río 2016.

Para garantir a mellor preparación posible, a Federación Galega de Loita a través do programa Río 2016 de axuda os deportistas que están na selección Española absoluta, contactou con Georgi Nogaev, membro da selección Rusa de Loitas Olímpicas nas categorías inferiores. Nogaev é o referente que precisamos para aumentar o nivel dos nosos deportistas de cara a competición mais importante da tempada, o cto. de España que da acceso os torneos de clasificación Olímpica.

Alexander Kachelaev (Moscú, 1946), que é o seleccionador Galego de Loitas Olímpicas, amosase esperanzado por contar con un sparring de nivel para completar estas duras semanas finais de adestramento.

Selección Galega SUB23
Anterior

4 OUROS, 2 PRATAS E 2 BRONCES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA SUB-23 DE LOITAS OLÍMPICAS

jose_cuba
Seguinte

JOSE CUBA, DESPÍDESE DA COMPETICIÓN EN 2016

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>