Alexandre Kachelaev, seleccionador Galego, dirixe os adestramentos na concentración para detectar novos talentos de loitas olímpicas, no CGTD de Pontevedra.

As concentracións para detectar novos talentos de Loitas Olímpicas, están na súa segunda semana de duración nas instalacións do CGTD de Pontevedra. O técnico Galego de orixe Rusa, Alexandre Kachelaev, dirixirá os 25 deportistas Galegos, que durante esta semana adestrarán o seu cargo, internos nas instalacións do CGTD de Pontevedra.

Tanto rapaces coma rapazas, moitos de eles campións e medallistas nacionais, participan nas probas que dan acceso as becas para ser interno no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Os mellores deportistas nacionais, saen da man do seleccionador Galego, Alexandre Kachelaev, quen dirixe o grupo de internos de Loitas Olímpicas do CGTD.

Nunca estiveron xuntos tantos medallistas nacionais, como en estas concentracións nas que participan deportistas das catro provincias, representando o mellor de cada Club. O longo das dúas semanas de concentración pasaron polo CGTD de Pontevedra deportistas dos Clubs: Kuzushi de Vigo, San Ignacio de Vigo, Castro de Vigo, Ciudad de Vigo, Sabarís de Baiona, Atila de Ourense, Keltoi de Vila de Cruces, Club de Loita Pontevedra, Escola Ayude de Melide, Loitas Olímpicas de Vilalba e Club Loita Rábade.

Anterior

LIDIA PÉREZ ACUDE O CAMPIONATO DE EUROPA JÚNIOR DE LOITAS OLÍMPICAS

jose_cuba
Seguinte

9 GALEGOS NO CAMPIONATO INTERNACIONAL

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>