6 deportistas, 2 árbitros e 1 seleccionador, será a representación Galega no Gran Premio de España de Loitas Olímpicas que terá lugar do 10 ó 12 de Xullo no pavillón exterior do CSD (Madrid).

No Gran Premio de España de Loitas Olímpicas daranse cita 40 países e mais de 500 deportistas, que competirán nas 3 modalidades olímpicas: Loita Libre Olímpica, Loita Feminina e Loita Grecorromana.

Os deportistas Galegos desprazados ata Madrid serán:

  • Loita Libre Olímpica: Jose Cuba Vázquez en 125kg [Club de Loitas Olímpicas de Vilalba]e Damián Iglesias en 97kg [Club de Loita Touro].
  • Loita Feminina: Sara Viéitez en 48 kg [Club San Ignacio], Lidia Pérez Touriño en 60kg [Club de Loita Pontevedra] e Noelia Lalín Canda en 75kg [Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces].
  • Loita Grecorromana: Pablo García García en 75kg [Club de Loita Pontevedra].

O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces estará representado por Ángel Amor Villar e Marcos Araujo Pereira, ambos colexiados nados en Vigo.

Completará a expedición Nicolás Castro Seoane [Vilalba, 1976], convocado como seleccionador Nacional e que acompañará as diferentes seleccións nacionais durante este duro torneo internacional.

Nicolás Castro afirma que “neste ano previo os XXOO, todos os países buscan torneos de nivel para preparar os seus deportistas, polo que as medallas no Gran Premio de España estarán moi caras, xa que estamos a falar de record de participación de deportistas e países neste torneo”.

Tras o campionato, todos os deportistas Galegos permanecerán concentrados no CAR de Madrid, dende o 12 ata o 24 de Xullo, adestrando con equipos como o de USA, Rusia, Irán, Francia, Japón, Italia….

25
Anterior

25 TALENTOS DE LOITAS OLÍMPICAS ADESTRAN NO CGTD DE PONTEVEDRA

jose_cuba
Seguinte

BRONCE PARA JOSE CUBA NO GRAN PREMIO DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>