ÁrbitrosDeporteDeporte BaseEscolarFederacionFegaloitajúniorLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaTorneos

SANTIAGO DE COMPOSTELA ACOLLE ESTE SÁBADO OS CAMPIONATOS GALEGOS DE LOITAS OLÍMPICAS

O pavillón municipal de Santa Isabel de Santiago de Compostela, acolle este vindeiro sábado 12 de Marzo en xornada de mañá os campionatos Galegos júnior e escolar de Loitas Olímpicas.

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Stellae e o Concello de Santiago organizan este campionato Galego con un total de 158 inscricións para as categorías júnior e escolar, este campionato Galego perfilase como un dos mais concorridos dos últimos anos. En total haberá 16 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico.
A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta para os asistentes e curiosos que queiran achegarse o campionato.
Este campionato será o primeiro filtro para seleccionar os deportistas que acudirán os campionatos de España representando a Galicia, o vindeiro sábado 2 de Abril, na cidade Galega de Pontevedra. Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.
Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirá esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 12 x 12 metros.
Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Santiago de Compostela, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo. A Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Coruña, así como os patrocinadores privados colaboran para que sexa posible organizar este tipo de eventos.

sambo
Anterior

GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA DE LOITA GRAPPLING

femenina
Seguinte

MELLORES DEPORTISTAS DE VIGO E A SÚA COMARCA

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>