RECEPCIÓN NO CONCELLO DE TOURO A DAMIÁN IGLESIAS
O alcalde de Touro e todo o pleno municipal acolleu a recepción o deportista DAMIÁN IGLESIAS VILELA (Club de Loita Touro), pola súa traxectoria deportiva o Luns 19 de Setembro.
O deportista de Loxo (Touro), foi no ano 2015 campión absoluto de España de Loita Libre Olímpica na categoría de 97kg. Participou en dúas ocasións nos Ctos. de Europa SUB-23 sendo en numerosas ocasións campión de España de Loitas Olímpicas nas categorías previas a absoluta.
Nesta nova tempada, Damián permanecerá concentrado durante todo o ano no CTD de Palma de Mallorca para adestrar co grupo de rendemento concentrado permanentemente en Palma. Os técnicos que traballan no mesmo son os irmáns Francisco e Moises Sánchez Parra, ambos deportistas Olímpicos, así como Vicente Lillo e Eusebio Capell.
Por outra banda no Concello de Touro, recoñeceuse o traballo dos técnicos: Ramón García Sueiro, Diego Pallares Santos e Rubén Méndez Lois, como impulsores das Loitas Olímpicas no Concello de Touro e na zona do Deza. Os tres técnicos pertencen o Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces, sendo o referente deste deporte na zona.
Sen comentarios