POUCA SORTE PARA JOSE CUBA NO INTERNACIONAL ZIOLKOWSKI COA SELECCIÓN NACIONAL
O vilalbés José Cuba, do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, non tivo un bo día no Internacional Ziolkowski-Pytlasinski de Varsovia ao caer en primeira rolda ante o canadiense Amarveer Dhesi por superioridade técnica, e tras perder este ante o polaco Kamil Kosciolec en cuartos de final deixou ao noso fóra da loita polas medallas.
Foi un torneo de primeiro nivel no que se acabou impoñendo na final o ruso Khizriev ao polacoa Baran, loitador que xa desputara unha axustada primeira rolda co vilalbés no pasado europeo de Kaskpisk.
Agora Cuba porá o seu obxectivo no mundial de loita praia que se celebrará nun mes na cidade turca de Sarigerme.
Mais info:
https://loitaolimpicavilalba.blogspot.com/2018/09/cuba-perde-ante-o-canadiense-dhesi-no.html
Sen comentarios