ClubsDeporteDeporte BaseEscolarFederacionFegaloitaFormaciónLoita FemininoLoita Libre Olímpica

O FUTURO DO DEPORTE BRILLOU NA XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE.

Un total de 250 deportistas, representaron os 14 mellores clubs Galegos clasificados para a Xornada Final da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, que tivo lugar este pasado sábado 28 de Maio de 10:30ata as 13:30 horas, no pavillón municipal de Vila de Cruces (Pontevedra).

A competición por equipos mais importante do calendario Galego para os mais pequenos, tivo este pasado sábado 28 de Maio o seu día grande, grazas a organización levada a cabo por parte do Concello da Vila de Cruces, Secretaría Xeral para o Deporte, Club Keltoi de Vila de Cruces e a Federación Galega de Loita e D.A.
O futuro do noso deporte, deuse cita nesta competición por equipos no que prima a inclusión de novos participantes entre os Clubs. Esta cita lúdico-deportiva ten como fundamento o compoñente lúdico e formativo, de este xeito todos os pequenos e as pequenas queren volver a participar ano tras ano.
As categorías de idade postas en liza foron: prebenxamín, benxamín e alevín, tanto en categoría masculina como en categoría feminina.
Esta liga é pioneira a nivel nacional, por que leva 10 anos celebrándose de xeito ininterrompido, cambia o seu formato, pero continua formando novos valores dentro do deporte.
Todos os Clubs traballan arreo para ter deportistas de base, o que garante o seu futuro como entidade. As principais dificultades que atopan os Clubs son os espazos para adestrar a diario.
A implicación de moitas ANPAS, facilita a labor de manter esta estrutura deportiva.
A competición ten un formato moi atractivo para os mais pequenos, xa que resulta dinámica e divertida.

Clasificación final por equipos tras a competición de este pasado sábado da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, foi:

1º- Club Ciudad de Vigo.
2º- Escola Ayude de Melide.
3º- Club Keltoi de Vila de Cruces.
4º- Club de Loita Atila de Ourense.
5º- Club El Castro de Vigo.
6º- Club de Loita San Ignacio de Vigo.
7º- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
8º Club Kuzushi de Vigo.
9º- Club de Loita A Cambadela de A Estrada.
10º- Club Stellae de Santiago de Compostela.
11º- Club de Loita Lugo.
12º- Club de Loita Rábade.
13º- Club de Loita do Morrazo.
14º- Club Hispano Team de Lugo.

DSC_0238
Anterior

RECEPCIÓN DO REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO OS DEPORTISTAS UNIVERSITARIOS

clausura escuelas 2016
Seguinte

CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE LOITAS OLÍMPICAS EN VIGO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>