CadetesCampionato do MundoCGTDClubsFederacionFegaloitaLoita FemininoSin categoría

JUDIT VARELA CONTINUA COA SUA PREPARACIÓN DE CARA O MUNDIAL

A deportista Judit Varela (Club Keltoi de Vila de Cruces), continua coa súa preparación de cara o campionato do Mundo cadete de Loitas Olímpicas que terá lugar do 12 ó 16 de Setembro en Tibilisi (Georgia).

Judit Varela que adestra becada no CGTD de Pontevedra, as ordes de Alexander Kachelaev, finalizou en 7ª posición nos pasados campionatos de Europa cadetes de Loitas Olímpicas celebrados en Estocolmo, o que le deu praza directa para participar no mundial na categoría de 65kg.

Durante todo o verán, Judit Varela está adestrando e afinando a súa preparación as ordes do adestrador do seu Club e seleccionador Galego, Rubén Méndez, quen organiza os adestramentos da deportista. Rubén Méndez desprázase con Judit Varela os distintos Clubs Galegos para garantir sparrings de calidade para a súa pupila.

Durante este verán a deportista estivo adestrando no seu Club de Orixe, nas instalacións do CGTD de Pontevedra, no Club de Loita Pontevedra, no Club de Loitas Olímpicas de Vilalba e cos diferentes compañeiros e adestradores que se desprazan ata Vila de Cruces.

Os últimos días de preparación serán especialmente duros de cara a esta cita histórica. Agardamos que teña a mellor das sortes.

libre
Anterior

PUBLICADOS OS LISTADOS PROVISIONAIS DE ALUMNOS PARA O CGTD

ruben-mendez-e-judit-varela-adestrando-para-o-cto-do-mundo-de-loita-web
Seguinte

JUDIT VARELA VIAXA O CTO. DO MUNDO CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>