CadetesCampionato do MundoCGTDClubsFederacionFegaloitaLoita Feminino

JUDIT VARELA VIAXA O CTO. DO MUNDO CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

A deportista JUDIT VARELA (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) becada no CGTD de Pontevedra as ordes de Alexander Kachelaev e que completa a súa formación no seu club de orixe as ordes de Rubén Méndez, participará do 13 ó 18 de Setembro en Tbilisi (Georgia) no campionato do mundo cadete de Loitas Olímpicas.

Judit Varela ven de acadar o 7º posto no Cto. De Europa de Loitas Olímpicas celebrado en Estocolmo (Suecia), gañando 2 combates e cendendo en outros dous. Esta é a primeira vez que unha deportista Galega acada a clasificación para o cto. Do Mundo de xeito directo por clasificarse entre as 8 mellores deportistas na cita continental.
Tras a boa actuación da selección nacional feminina cadete no cto. Continental, clasificáronse de xeito directo para o mundial: Ana Torres (AND), María Victoria Báez (MAD), Judit Varela (GAL) e Raquel Rama (AND).
Judit Varela participará na categoría de 65kg en loita feminina, categoría na que esta tempada alzouse coa vitoria nos campionatos de España tanto na categoría cadete,como na júnior.
Estas últimas semanas, Judit Varela afinou a súa preparación con Rubén Méndez (Seleccionador Galego e técnico do Club Keltoi de Vila de Cruces), que afirma que “Esta cita supón un pulo a formación de esta deportista, xa que gañou a pulso a súa presenza na mesma. Vamos coa presión de saber que estamos entre as 7 mellores deportistas de Europa. Este verán foi especialmente duro xa que Judit non tivo practicamente descanso. Agardamos que teña a mellor das sortes”.

IMG_1505
Anterior

JUDIT VARELA CONTINUA COA SUA PREPARACIÓN DE CARA O MUNDIAL

judit-varela
Seguinte

JUDIT VARELA 9ª CLASIFICADA NO CTO. DO MUNDO CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>