O deportista Jose Cuba Vázquez [Club de Loitas Olímpicas de Vilalba] e o seleccionador nacional Nicolás Castro Seoane [Vilalba, 1976], participarán no Torneo internacional ZIOLKOWSKI y PYTLASINSKI 2015, que terá lugar na cidade de Varsovia [Polonia].
O torneo ZIOLKOWSKI y PYTLASINSKI 2015 é unha das citas mais importantes de este ano 2015, xa que é a derradeira actividade internacional, que se emprega para prepara o campionato do Mundo de Loitas Olímpicas, primeiro torneo clasificatorio para os XXOO de Río 2016, que terán lugar en Las Vegas [EEUU], no mes de setembro.
A selección Española desprazada a Varsovia [Polonia], conta con 16 competidores, que comezarán a criba de cara o mundial. Só os mellores deportistas por resultados viaxarán a seguinte competición e serán menos os que cheguen o campionato do Mundo.
Tras o bo resultado de Jose Cuba no pasado Gran Premio de España, conta como un dos principais valores da selección Española, na carreira de cara o mundial de Las Vegas.
Nicolás Castro [Vilalba, 1976], forma parte do corpo técnico que dirixirá a selección nacional en Varsovia, durante o torneo internacional e a concentración posterior o campionato.
Sen comentarios