Os deportistas Galegos afinan a súa preparación no Centro de Alto Rendemento de Madrid, nunha concentración internacional con preto de 40 países, de cara as vindeiras citas internacionais para as que xa están convocados.

Duro final de tempada para os deportistas Galegos, xa que grazas os bos resultados, continúan traballando para as citas mais importantes desta tempada que está próxima a rematar.

A selección absoluta de Loitas Olímpicas que está na súa derradeira semana de concentración, únenselle os deportistas Galegos cadetes que asistirán o campionato de Europa, para afinar xuntos a súa preparación.

Tras os bos resultados no Gran Premio de España, Jose Cuba Vázquez [Club de Loitas Olímpicas de Vilalba] acudirá o Torneo Internacional de Varsovia [Polonia], previo o campionato do mundo de Las Vegas [EEUU], primeiro torneo clasificatorio para os XXOO de Río 2016.

Por outra banda os deportistas cadetes becados no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra as ordes de Alexandre Kachelaev, Carmen Salgado Ave [Club de Loita Pontevedra] e Omar Rodríguez Martínez [Club de Loita Sabarís], permanecerán esta semana concentrados no CAR de Madrid antes de partir cara a Subótuca [Serbia], para participar no Campionato de Europa cadete de Loitas Olímpicas.

A boa relación entre a Federación Galega de Loita e a Federación Española, posibilitan que os deportistas cadetes podan adestrar nunha concentración internacional absoluta da selección Española, coa supervisión dos adestradores Nicolás Castro Seoane [Seleccionador nacional] e Marcos Miragaya [Seleccionador Galego].

“Cada ano melloramos o calendario competitivo, e con elo a preparación dos nosos deportistas”, “as concentracións e competicións continuas, a boa relación coa Federación Española, e estes anos de profunda crise económica, mudaron o noso sistema de traballo sendo mais eficientes na preparación dos nosos deportistas”, “nunca tivemos tantas actividades de preparación nesta época estival” afirma Pablo Pintos, Director Técnico da Federación Galega de Loita e D.A.

Anterior

Bolsas de tecnificación e rendemento deportivo para o CGTD

jose_cuba
Seguinte

2 GALEGOS NO TORNEO INTERNACIONAL “ZIOLKOWSKI y PYTLASINSKI 2015”

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>