CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING e MMA EN A CORUÑA
O vindeiro domingo 13 de Novembro organízase no concello de A Coruña o campionato Galego de Grappling e MMA, no pavillón municipal do FRONTÓN DE RIAZOR, en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas.
A Federación Galega de Loita e D.A. en colaboración co Club Graiño Team de A Coruña e co Concello de A Coruña, organizarán o campionato Galego de Grappling e MMA, valedeiro para participar nos campionatos de España de ambas modalidades.
O campionato desenrolarase en xornada de mañá, en dous tapices oficiais de 10×10 mts, para axilizar a competición. Estarán presentes varios deportistas medallistas nos campionatos de España do pasado ano, o que supón un aumento do nivel deportivo considerable. Estarán presentes todos os Clubs Galegos con opcións de clasificarse para o campionato nacional, polo que teremos unha elevada participación.
Agardamos que sexa un éxito en canto a organización e o desenrolo do mesmo.
Sen comentarios