2 GALEGOS O CAMPIONATO DO MUNDO DE SAMBO
Zaira Bermúdez e Miguel Riopedre, ambos compiten polo Club de Loitas Olímpicas de Vilalba, acuden o campionato do Mundo de Sambo do 10 ó 14 de Novembro en Sofía (Bulgaria).
Os dous deportistas que se forman na Universidade de Coruña, e adestran co grupo de rendemento dirixido por Eduardo Carballeira, continúan a senda aberta por Bruno Martínez, quen competiu no mesmo campionato no ano 2014 en Tokio. Dende facía mais de 30 anos, ningún deportista representaba a Galicia nun mundial de Loita Sambo.
Zaira Bermúdez competirá na categoría de 64 kg e Miguel Riopedre fará o propio en 62 kg. Ambos teñen unha dilatada carreira deportiva pese a súa idade, son moi novos, por eso agardamos que teñan unha boa actuación. Este paso histórico no aumento dos participantes nun campionato do mundo, é froito do traballo incansable dos Clubs, adestradores e deportistas que buscan facer historia no noso deporte.
Agardamos que teñan a mellor das sortes!!!
Sen comentarios