CadetesCampionatos de EspañaFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita GrecorromanaLoita Libre OlímpicaSeniorTorneos

8 OUROS, 8 PRATAS E 10 BRONCES NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE LOITAS OLÍMPICAS

As diferentes seleccións Galegas de Loitas Olímpicas acadaron un moi bo resultado nos campionatos de España, celebrados este pasado sábado 20 de Febreiro na localidade de San Javier (Murcia):

  • Selección cadete de Libre Olímpica: CAMPIÓNS DE ESPAÑA.
  • Selección cadete de Loita Feminina: SUBCAMPIONA DE ESPAÑA.
  • Selección cadete de Loita Grecorromana: 4º clasificados.
  • Selección sénior de Libre Olímpica: SUBCAMPIÓNS DE ESPAÑA.
  • Selección sénior de Loita Feminina: SUBCAMPIONA DE ESPAÑA.
  • Selección sénior de Loita Grecorromana: 8º clasificados.

Boa actuación dos deportistas desprazados ata San Javier (Murcia), para participar nos campionatos de España, sobre todo na categoría cadete. O reparto final das 26 medallas obtidas queda dividido: 8 medallas para as selección sénior (absoluta) e 18 medallas para as seleccións cadetes. Isto danos unha idea do gran traballo de base e a calidade dos nosos deportistas. O seleccionador Galego e responsable da sección de Loitas Olímpicas do CGTD, afirma que “das 8 medallas de ouro acadadas nestes campionatos, 7 son de deportistas becados no CGTD de Pontevedra, o que nos da unha idea da calidade dos nosos deportistas”.

Esta competición foi especialmente dura na categoría sénior, xa que o ser ano de clasificación Olímpica, todos os deportistas acudiron o campionato moi ben preparados. Destacar que tras estes campionatos, temos a 3 deportistas que formarán parte do equipo preolímpico nacional para as seguintes citas do calendario.

Todos os resultados.

Selección-Galega-Campiona-de-España
Anterior

CAMPIONATOS DE ESPAÑA SÉNIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

trans
Seguinte

INFORMACIÓN CTOS. ESPAÑA UNIVERSITARIOS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>