2 Galegas concentradas coa Selección Nacional absoluta feminina
As deportistas Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra e Nerea Pampin do Club Keltoi de Vila de Cruces, permenecerán concentradas coa selección nacional feminina no INSEP de París do 5 ó 15 de Decembro, como parte da súa preparación internacional.
Ambas deportistas están preparando o novo ano, apurando cada unha das actividades para as que son convocadas. Para o vindeiro ano 2024, teñen as súas miras postas nos Xogos Olímpicos de París.
Tras esta concentración ambas deportistas asisitirán a competición internacional de Pamplona: onde se darán cita as mellores deportistas de España, Italia, Moldavia e Romanía. Un durísimo cuadrangular que rematará cunha concentración de 4 días.
Agardamos que teñan a mellor das sortes.
Sen comentarios