GALICIA PARTICIPA NO TORNEO NACIONAL VILLA DE MADRID
Galicia participará no Torneo Nacional Villa de Madrid, que terá lugar o 28 de Outubro, no complexo deportivo CIUDAD ESCOLAR de Madrid.
Os deportistas desprazados a Madrid, forman parte do programa de tecnificación deportiva da Federación Galega de Loita, e viaxan a este torneo, como parte da súa preparación, para a presente tempda.
En total, haberá mais de 300 inscritos nas categorías U23, U20 e U17 de Loitas Olímpicas: Libre Olímpica, Grecorromana e Libre Feminina.
A representación Galega para este torneo está composta por:
Pablo Cabaleiro e Joel Castro do Club A Cambadela de A Estrada.
Guillermo Sobrado, Volodimir Datsenko e Yassine Fouzi do Club Keltoi de Vila de Cruces.
Nadia Zholtikova, Carmen Naveiro, Roi Gómez e Iago Fernández do Club de Loita Pontevedra.
Candela Castro, Rafael Borrajo e Gonzalo Caparrós do Club Atila de Ourense.
Leonardo Medina, Saúl Bello e Moises Bello do Club San Ignacio de Vigo.
Alessandro Iemma do Club Ciudad de Vigo.
Como técnicos viaxan: Rubén Méndez e Marcos Miragaya, para dirixir os deportistas nesta posta de largo da competición a nivel nacional.
Agardamos que teñan a mellor das sortes!
Sen comentarios