CadetesDeporteFederacionFegaloitajúniorLoita Libre Olímpica

17 DEPORTISTAS NA CONCENTRACIÓN NACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS NO CGTD

A Selección nacional feminina de Loitas Olímpicas permanecerá esta semana concentrada no CGTD de Pontevedra. Das 17 mulleres convocadas, 7 pertencen a clubs Galegos. Case o 50% do equipo nacional feminino é Galego.

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, será durante esta semana o epicentro da Loita Olímpica feminina a nivel nacional. As seleccións nacionais femininas adestrarán conxuntamente coa selección Galega de Loitas Olímpicas, dentro do programa MUJER Y DEPORTE do CSD.
A boa relación entre a FELODA (Federación Española de Luchas Olímpicas y D.A.) e a FGLeDA (Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.), facilitou que esta concentración de primeiro nivel teña lugar en terras Galegas. Dende fai mais de 10 anos, Galicia non acollía ningunha actividade da FELODA.
Os adestramentos estarán dirixidos polo seleccionador nacional Francisco Barcia Rodriguez e Antonia Torres, nos que colaborará de xeito directo o seleccionador Galego Alexandre Kachelaev.
As deportistas Galegas convocadas pola Federación Española para esta concentración son:
Carmen Salgado Ave e Lidia Pérez Touriño (Club de Loita Pontevedra), Judit Varela, Iris Miguelez, Noelia Lalín e Nerea Pampín, (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces) e Sara Viéitez Mariño (Club de Loita San Ignacio).
As nosas deportistas están integradas nas diferentes seleccións nacionais femininas, das que 12 deportistas de Madrid, Andalucía e Baleares conforman o groso do equipo nacional.
Esta actividade é unha parte fundamental do clinic que terá lugar o vindeiro sábado 24 de Outubro nas instalacións do CGTD, o que acudirán 60 deportistas Galegos para traballar as ordes dos seleccionadores nacionais.
Este viernes, todo o equipo nacional pasará unhas probas para avaliar o rendemento deportivo grazas o convenio asinado entre a FGLeDA e a Universidade de Coruña. Estas probas son un novidoso sistema de avaliación fisiolóxica moi útil para as Federacións e no que o CSD está moi interesado.
Pablo Pintos, Director Técnico da FGLeDA afirma que “atraer este tipo de concentracións o CGTD, facilita que moitos dos deportistas Galegos, becaods ou non, que non están actualmente nas diferentes selección nacionais, podan beneficiarse do traballo de calidade cos seleccionadores nacionais”, “en termos económicos, é moito mais rentable, achegar a Galicia este tipo de concentracións, que desprazar a toda a selección Galega a Madrid. A idea principal e que todos os deportistas Galegos podan traballar estes días as ordes do seleccionador nacional e compartir adestramentos coa selección nacional feminina”.

QUINTA copa deputación ourense
Anterior

5ª COPA DEPUTACIÓN OURENSE DE LOITAS OLÍMPICAS

IMG_5695
Seguinte

CHARLA DO SELECCIONADOR NACIONAL NO CGTD

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>