O FUTURO DO DEPORTE BRILLOU NA XORNADA FINAL DA LIGA DE DEPORTE BASE.
Un total de 120 deportistas, representaron os clubs Galegos clasificados para a Xornada Final da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, que tivo lugar este pasado sábado 17 de Xuñio de 10:30 ata as 12:30 horas, no pavillón municipal de Vila de Cruces (Pontevedra).
A competición por equipos mais importante do calendario Galego para os mais pequenos, tivo este pasado sábado 17 de Xuño o seu día grande, grazas a organización levada a cabo por parte do Concello da Vila de Cruces, Secretaría Xeral para o Deporte, Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces e a Federación Galega de Loita e D.A.
O futuro do noso deporte, deuse cita nesta competición por equipos no que prima a inclusión de novos participantes entre os Clubs. Esta cita lúdico-deportiva ten como fundamento o compoñente lúdico e formativo, de este xeito todos os pequenos e as pequenas queren volver a participar ano tras ano.
As categorías de idade postas en liza foron: prebenxamín, benxamín e alevín, tanto en categoría masculina como en categoría feminina.
Esta liga é pioneira a nivel nacional, por que leva 11 anos celebrándose de xeito ininterrompido, cambia o seu formato, pero continua formando novos valores dentro do deporte.
Todos os Clubs traballan arreo para ter deportistas de base, o que garante o seu futuro como entidade. As principais dificultades que atopan os Clubs son os espazos para adestrar a diario. A implicación de moitas ANPAS, facilita a labor de manter esta estrutura deportiva. A competición ten un formato moi atractivo para os mais pequenos, xa que resulta dinámica e divertida.
Clasificación final por equipos tras a competición de este pasado sábado da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, foi:
1º- Club Keltoi de Vila de Cruces: 133pts
2º- Escola Ayude de Melide: 94 pts
3º- Club de Loita Lugo: 60 pts
4º- Club de Loita San Ignacio de Vigo: 57 pts.
5º- Club Ciudad de Vigo: 57 pts
6º- Club El Castro de Vigo: 71 pts
7º- Club de Loita Atila de Ourense. 55 pts.
8º- Club Kuzushi de Vigo: 36 pts
9º- Club de Loita Sabarís. —
10º- Club de Loitas Olímpicas de Vilalba-Rábade. —
11º- Club Stellae de Santiago de Compostela. —
12º- Club de Loita A Cambadela de A Estrada. —
13º- Club de Loita do Morrazo. —
14º- Club de Loita Pontevedra. –
1 comentario
[…] TODA A INFO AQUÍ […]