LYDIA PÉREZ CONCENTRADA EN HELSINGBORG, SUECIA, CO EQUIPO OLÍMPICO
A deportista Pontevedresa, Lydia Pérez, permanecerá concentrada do 5 ó 20 de Xullo en Helsingborg (Suecia), como sparring do equipo Olímpico Sueco.
Lydia Pérez, recibiu unha oferta da Federación Sueca de Loitas Olímpicas, para participar activamente na preparación de Sofía Mattson, de cara a súa participación nos Xogos Olímpicos de Tokio 2021. De este xeito, a deportista Pontevedresa, permanecerá concentrada coa selección Sueca, ata o día en que estas viaxen a Tokio, o 20 de Xullo.
Esta oportunidade, pon en valor, o traballo e a relevancia da deportista Pontevedresa a nivel internacional. Adestrar coas mellores deportistas do mundo, será unha boa formación para o seu futuro mais inmediato.
Esta é a segunda concentración en menos de un mes, na que participa Lydia Pérez en Suecia.
Agardemos que teña a mellor das sortes!
Sen comentarios