GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA DE LOITA GRAPPLING
3 Ouros, 6 pratas e 5 bronces, son as preseas acadadas polos deportistas Galegos no Cto. De España celebrado este pasado 5 e 6 de Marzo en Gijón (Asturias)
Boa actuación dos deportistas Galegos desprazados a Gijón este fin de semana. Os campionatos de España tiveron unha participación moi notable en canto a deportistas. O bo traballo dos Clubs Galegos quedou patente nunha competición moi reñida entre as comunidades con maior tradición deportiva.
Felicitar os deportistas e os seus clubs polo traballo levado a cabo. Agora solo agardamos as convocatorias dos equipos nacionais para os campións de España.
O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, estivo representado por varios colexiados, tendo a cabeza dos mesmo o árbitro internacional Don Ángel Amor Villar, e os árbitros nacionais: Carlos Fabián Theibaut, Catalina Soage e Miguel González.
Todos os resultados aquí.
Sen comentarios