ÉXITO DO CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING
O Grappling Galego, tivo a súa competición mais importante do ano, no pavillón de Santa Isable, este pasado sábado 11 de Decembro, no seu Campionato Galego.
Unha prova para arrancar a nova tempada deportiva, poñendo en liza todas as categorías absolutas, previas a absoluta e deporte base. Unha xornada, que foi unha festa do deporte para os mais novos.
Con record de participación na inscripción de clubes e deportistas, o deporte Federado da man do PROTOCOLO FISICOVID DXT-GALEGO están normalizando a práctica deportiva segura dentro do deporte de contacto directo, como é o Grappling.
Sen comentarios