Sin categoría

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO CLINIC DE ARBITRAXE NACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS

O Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, levaron a cabo unha xornada de formación para o colectivo arbitral de Loitas Olímpicas este pasado sábado 3 de Decembro nas instalacións do CGTD de Pontevedra.

 

A Federación Española de Luchas Olímpicas, avalou o Clinic Nacional de Arbitraxe celebrado este pasado fin de semana nas instalacións do CGTD de Pontevedra, organizado pola Federación Galega de Loita e o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces.

Temos que salientar a boa sintonía entre a Federación Estatal e a Federación Autonómica, xa que se acadou que este Clinic nacional de arbitraxe sirva como paso previo para o ascenso a categoría de árbitro nacional ou ben para o ascenso dentro da categoría de árbitro nacional. Os exames serán durante os vindeiros campionatos de España que se organizan na cidade de Pontevedra (Cto. De España sénior e cadete) e en Oviedo (Cto. De España júnior e escolar).

Por outra banda, o Clinic estivo enmarcado dentro dunha xornada formativa para os deportistas, adestradores e árbitros, tendo gran expectación a charla que o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces de Loitas Olímpicas tiveron con todos os participantes e na que se explicaron os últimos cambios no regulamento de Loitas Olímpicas.

Este tipo de Clinics enmarcados dentro de xornadas de formación, serán a liña de traballo a seguir, tendo o seguinte curso nacional de arbitraxe o próximo sábado 17 de Decembro nas instalacións do CGTD de Pontevedra, para as modalidades de Grappling e MMA.

Agradecer a colaboración da dirección do CGTD de Pontevedra, nas facilidades para utilizar as instalacións durante a concentración e a xornada de formación.

parte-dos-deportistas-durante-a-concentracion
Anterior

70 DEPORTISTAS CONVOCADOS NA CONCENTRACIÓN DE TECNIFICACIÓN NO CGTD.

2016-12-17-4o-torneo-navidad-san-ignacio-242
Seguinte

El club de lucha san Ignacio ha realizado el sábado 17 diciembre su 4º torneo interno de navidad de lucha olímpica, en el pabellón de Teis-Vigo

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>