7 DEPORTISTAS GALEGOS CONVOCADOS COA SELECCIÓN NACIONAL DE LOITAS OLÍMPICAS
7 deportistas Galegos e 1 técnico, permanecerán concentrados do 16 ata o 20 de Abril no CTD Infanta Cristina de San Javier (Murcia), coas seleccións nacionais cadete e júnior de Loitas Olímpicas. O técnico Galego, Rubén Méndez, acompañou os deportistas durante a concentración e traballou cos equipos nacionais das 3 modalidades olímpicas.
Os deportistas convocados para esta concentración son: Santiago Sánchez e Nerea Pampín, ambos do Club Keltoi de Vila de Cruces; Omar Rodriguez e Anxo Uzal, ambos do Club de Loita Sabarís de Baiona; Rafael Álvarez do Club San Ignacio de Vigo, Nerea Iglesias da Escola Ayude de Melide e Carlos Yobani García do Club de Loitas Olímpicas de Vilalba.
Esta concentración servirá como proceso de selección de cara as vindeiras citas Europeas do calendario internacional, como son: o campionato de Europa cadete en Kiev (UKR) e o campionato de Europa júnior en Roma (ITA).
Agardamos que os deportiastas teñan a mellor das sortes!
Sen comentarios