TORNEO 37º ANIVERSARIO SAN IGNACIO DE LOITAS OLÍMPICAS
Este vindeiro sábado 20 de Maio a partir das 16:30 horas, celébrase no pavillón municipal de Teis (Vigo) o Torneo 37º aniversario San Ignacio de Vigo de Loitas Olímpicas.
O Club San Ignacio de Vigo, é un dos mais activos na organización de eventos deportivos de Galicia. Neste caso, organiza a 37º edición do torneo que leva o seu nome. Con un total de 7 equipos inscritos, e preto de un centar de deportistas, o obxectivo principal é a «Promoción das Loitas Olímpicas», segundo indica Eladio Bello, presidente e adestrador da entidade Olívica.
O Club San Ignacio, traballa arreo no pavillón Municipal de Teis, co fin de dinamizar e promocionar as Loitas Olímpicas no histórico barrio Vigués. Tendo moi bos resultados en canto a dinamización do deporte base, e mellores datos a nivel nacional en Loita Feminina, sendo o Club pioneiro en canto a dinamización e resultados femininos. O Club San Ignacio, subiu o mais alto do podio nacional en Loita Feminina en numerosas ocasións.
Agradamos que sexa unha boa tarde deportiva.
Sen comentarios