2 SEMANAS DE CONCENTRACIÓN PARA OS NOVOS TALENTOS
A Federación Galega de Loita e D.A. organizará nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, dende o 3 ó 14 de Xullo, a concentración para os NOVOS TALENTOS deportivos de Loitas Olímpicas.
Rapaces e rapazas que optan as becas de acceso o CGTD de Pontevedra, para o vindeiro curso académico 2017/18. Un total de 18 deportistas, participarán nas dúas quendas habilitadas para esta concentración, de unha semana de duración cada unha. Os adestramentos estarán dirixidos por Alexander Kachelaev, Marcos Miragaya e Pablo Pintos.
A dificultade do acceso as becas do CGTD de Pontevedra, son os criterios deportivos e académicos: buscando un bo equilibrio entre ambos.
Inscritos primeira quenda.
Inscritos segunda quenda.
Paralelamente a esta concentración, adestrarán os deportistas convocados pola FELODA e a FGLeDA, para participar no GRAN PREMIO DE ESPAÑA DE LOITA, que terá lugar no pavillón exterior do CSD de Madrid dende o 14 ata o 16 de Xullo.
Sen comentarios