ConcentraciónDeporteFederacionFegaloitaLoita FemininoLoita Libre OlímpicaSenior

TALENTO GALEGO NAS MEDICIÓNS DA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA DE LOITAS OLÍMPICAS

A Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. en colaboración coa Universidade da Coruña e a Federación Española de Luchas Olímpicas y D.A. levaron a cabo un estudio fisiolóxico pioneiro a nivel nacional no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada.

Este traballo pioneiro en España no que colaboran de xeito directo a Federación Galega de Loita, a Federación nacional, a Universidade de A Coruña e o CSD mediante as instalacións e o servizo médico do CAR de Sierra Nevada, trata de valorar os estado de forma da selección nacional absoluta de Loita Libre Olímpica e da selección feminina absoluta, de cara a participación nos torneos de clasificación Olímpica para Río 2016.
O análise de factores fisiolóxicos, así como de factores de rendemento non invasivos, tratan de cuantificar e valorar o estado de forma dos mellores deportistas nacionais de Loitas Olímpicas.
O grupo de investigación da Universidade de A Coruña, dirixido polo Dr. Eliseo Iglesias Soler, no que traballan Iván Castro Seoane e Pablo Pintos Figueroa, levaron a cabo o traballo de campo, no que se mobilizaron o servizo médico do CSD no CAR e por outra banda contamos coas facilidades do traballo dos seleccionadores nacionais Francisco Barcia (Bélgica, 1966) e Nicolás Castro Seoane (Vilalba, 1976).
“A integración dos datos do rexistro da frecuencia cardiaca, os valores da lactacidemia, os datos da escala de esforzo percibido de Borg, e un análise informático de motivación, serán os valores que definan o potencial e estado de forma dos nosos deportistas”, afirma Pablo Pintos.
Por outra banda, Iván Castro define o estudo como “o mellor paso científico para perfilar o equipo nacional de cara a os torneos de clasificación Olímpica. Non perdemos de vista os Xogos de Río 2016”.
Esta investigación dos deportistas en altura, terá o seguinte estudo nas instalacións do Centro de Alto Rendemento de Madrid no mes de xaneiro.
Os deportistas Galegos convocados pola Federación Española nesta concentración en altura: Damián Iglesias, Jose Cuba, Lidia Pérez, Noelia Lalín e Sara Viéitez, permanecerán concentrados ata o vindeiro día 20 de Novembro.

RAFA FARIÑA
Anterior

5 DEPORTISTAS CONVOCADOS COA SELECCIÓN NACIONAL ABSOLUTA DE LOITAS OLÍMPICAS

RAFA FARIÑA
Seguinte

CONCENTRACIÓN NAVIDEÑA JÓVENES TALENTOS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>