Sin categoría

SANTIAGO DE COMPOSTELA SEDE DOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA U15, U17 e U23

A capital de Galicia, será a sede dos campioantos de España U-15, U-17 e U-23 de Loitas Olímpicas.
O pavillón municipal de Santa Isabel en Santiago de Compostela, acollerá este vindeiro sábado 26 e domingo 27 de Marzo, 3 CAMPIONATOS DE ESPAÑA de Loitas Olímpicas nas 3 modalidades olímpicas: Loita Feminina, Loita Libre Olímpica e Loita Grecorromana.

– Campionato de España escolar U-15 de Loitas Olímpicas.
– Campionato de España cadete U-17 de Loitas Olímpicas.
– Campionato de España U-23 de Loitas Olímpicas.

Os campionatos de España U-15 e U-17, están dentro do CESA (Campeonatos de España de Selecciones Autonómicas: Campeonatos de España en Edad Escolar), presididos pola Raiña Dona Letizia Ortiz Rocasolano.
A Federación Galega de Loita en colaboración coa Federación Española de Luchas Olímpicas, o Club de Loita Stellae, o Concello de Santiago de Compostela, e a Secretaría Xeral para o Deporte, organizarán os campionatos de España con un total de 512 inscricións para todos os campionatos.
Tras o éxito organizativo de estes mesmos campionatos en Santiago de Compostela o pasado ano 2021, a confianza depositada pola Federación Española, no Concello de Santiago de Compostela, abala o traballo que se ven levando a cabo en Galicia dende hai varios anos.
A seguridade e os protocolos COVID, continúan presentes nesta edición dos campionatos de España.
Nesta edición, o público poderá acceder o pavillón, para gozar do evento mais numeroso de todos os organizados a nivel nacional. Outro ano mais, a competición poderá seguirse online en tempo real, a través da plataforma SCORIZER da Federación Española. De este xeito, todos poderemos gozar da mellor competición de Loitas Olímpicas, a través de calquera dispositivo con enlace a internet.
En total haberá 15 CCAA presentes, cos mellores deportistas nacionais.
Este fin de semana deixará en Santiago de Compostela, un gran retorno económico. O motor do deporte arranca, deixando un gran evento deportivo, e un respiro para o sector hosteleiro, e de servizos. Unha estimación de mais de 120.000,00€, quedarán en Santiago de Compostela, durante o fin de semana da competición.
Estes campionatos serán unha proba selectiva, para participar nos campionatos de Europa e do Mundo deste ano 2022.

A competición desenrolarase en tres xornadas diferenciadas, para separar os deportistas:
– Sábado 26 en xornada de mañá: Cto. De España Escolar U-15 de 10:00 a 14:00 horas.
– Sábado 26 en xornada de tarde: Cto. De España cadete U-17 de 16:00 a 20:00 horas.
– Domingo 27 en xornada de mañá: Cto. De España U-23 de 10:00 a 14:00 horas.

Os seleccionadores nacionais estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Españolas, de cara as vindeiras citas continentais e mundiais.
Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten, sendo Galicia un dos referentes a nivel nacional no deporte feminino.
Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa, polos 3 árbitros convocados polo COLEGIO NACIONAL DE JUECES ÁRBITROS. Por outra banda, Galicia presenta a 5 novas árbitras para o ascenso a categoría nacional: 5 mulleres, que terán unha oportunidade de amosar a súa valía.

Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Santiago de Compostela, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo, o Club de Loita Stellae de Santiago de Compostela, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Coruña, así como a confianza depositada pola Federación Española de Lucha, e os patrocinadores privados que colaboran para que sexa posible organizar este tipo de eventos.

lydia
Anterior

LYDIA PÉREZ e DAMIÁN IGLESIAS ACUDEN O CAMPIOANTO DE EUROPA ABSOLUTO DE LOITA

WhatsApp Image 2022-03-12 at 2.45.14 PM (1)
Seguinte

EXITO DE PARTICIPACIÓN EN LA JORNADA SUR DE LA LIGA DE DEPORTE BASE

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>