Campionato de EuropaDeporteFederacionFegaloitajúniorLoita Feminino

LYDIA PÉREZ TOURIÑO CONVOCADA PARA O CTO. DE EUROPA JÚNIOR DE LOITAS OLÍMPICAS

A deportista Lydia Pérez Touriño do Club de Loita Pontevedra, acudirá do 21 ó 26 de Xuño o campionato de Europa júnior na categoría de 58kg de Loitas Olímpicas que terá lugar na cidade de Bucarest (Romanía).

A deportista Pontevedresa, é a única deportista feminina convocada polo equipo nacional que acudirá a esta importante cita continental. Esta é a cuarta participación de Lydia Pérez nos campionatos de Europa. Agora coa experiencia acumulada de anos anteriores márcase novas metas.
Esta tempada foi especialmente longa para Lydia Pérez, xa que os seu bos resultados no torneo internacional de París no mes de Xaneiro, a convocatoria co equipo preolímpico nacional feminino no mes de Abril, e o bo resultado no torneo internacional jóvenes promesas de Murcia, fixérona unha indiscutible do equipo nacional.
Lydia Pérez está becada no CGTD de Pontevedra, onde adestra as ordes de Alexander Kachelaev e Marcos Miragaya Lama. Ambos adestradores preparan a un dos mellores grupos de adestramento de España, en canto os resultados obtidos.
A calidade dos deportistas becados no CGTD de Pontevedra é un referente a nivel nacional, proba de elo é que a finais do mes de xuño, teremos unha concentración nacional para preparar o campionato de Europa cadete e viaxan a Galicia varios deportistas do equipo nacional.

Día Deporte na Rúa A Coruña
Anterior

DÍA DO DEPORTE NA RÚA EN A CORUÑA: DOMINGO 19 DE XUÑO.

San Ignacio
Seguinte

O CLUB SAN IGNACIO VENCE NO TROFEO 36º ANIVERSARIO

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>