Sin categoría

LYDIA PÉREZ CONCENTRADA EN KIEV, UCRANIA

A deportista Pontevedresa, becada no CGTD de Pontevedra as ordes do técnico Marcos Miragaya, permanecerá concentrada coa selección nacional feminina absoluta, do 15 ó 25 de Febreiro, en Kiev (Ucrania).

Tras esta concentración de 10 días, competirá no prestixioso torneo internacional «Memoria dos deportistas e técnicos destacados de Ukrania», como parte da súa preparación para os torneo de clasificación Olímpica.

A encrucillada que está a sopesar Lydia Pérez e o séu técnico, e a participación na categoría de 65 kg (peso NON Olímpico) no torneo, para non ter que baixar os 62 kg, que é a súa categoría habitual e peso Olímpico. Esta é unha boa forma de non castigar o corpo da deportistas, con dúas baixadas de peso seguidas. Terá unha limitación importante na categoría, pero é unha boa estratexia de cara os torneos preolímpicos de Budapest (HUN) e Sofía (BUL).

No torneo internacional de Ucrania, tamén estará presente o deportista Pablo García García, na categoría de 74 kg, grazas o apoio da Federación Galega de Loita e da Federación Española, que sufragan os seus gastos de participación. Pablo García, é otro dos candidatos Galegos, para participar nos torneos preolímpicos na categoría de 74 kg.

Ambos deportistas son compañeiros de adestramento no grupo de rendemento do CGTD de Pontevedra, dirixido por Marcos Miragaya. A carreira pola clasificación Olímpica, comeza dentro de un mes. Ambos atletas, están apurando a súa preparación.

Agardemos que teñan a mellor das sortes!!!

WhatsApp Image 2021-02-01 at 20.32.25
Anterior

LYDIA PÉREZ TOURIÑO CONCENTRADA EN HELSINGBORG (SUECIA)

ARREGLO CAMPIONATO GALEGO GRAPPLING 2021
Seguinte

CAMPIONATO GALEGO DE LOITA GRAPPLING

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>