LYDIA PÉREZ CONCENTRADA COA SELECCIÓN NACIONAL SUB23 EN HUNGRÍA
A deportista Lydia Pérez do Club de Loita Pontevedra, permanecerá concentrada coa selección nacional SUB23, dende o 8 ata o 17 de Outubro no Mátraháza Olympic Training Center (Mátraháza, Hungría).
Lydia Pérez que adestra no grupo de rendemento do CGTD de Pontevedra as ordes de Marcos Miragaya, formará parte da selección de 5 deportistas que viaxan a esta concentración, da man da seleccionadora Aurora Fajardo. O obxectivo é decidir e preparar a selección que representará a España no Mundial SUB23 que terá lugar en Rumanía.
Agardamos que teña a mellor das sortes!
Sen comentarios