Sin categoría

I COPA DE GALICIA DE LOITAS OLÍMPICAS SÉNIOR E CADETE

A I COPA DE GALICIA Sénior e Cadete de Loitas Olímpicas que terá lugar o día 13 de Marzo do 2021, en Santiago de Compostela.

O programa quedaría do seguinte xeito:

  • Inscrición definitiva dos equipos antes do Luns 8 de Marzo ás 12.00 horas.
  • PROTOCOLO ANTICOVID:
    • Entrega do CONSETIMENTO ASINADO por cada participante (deportistas, árbitros, delegados, adestradores), antes da realización do TEST de antíxenos.
    • TEST DE ANTÍXENOS a todos os participantes: de 8:30 a 9:30 horas.
    • NON poderá haber público nas gradas. Só membros dos Clubs con licenza en vigor.
  • Control de peso: de 9:30 a 10:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
  • Competición día 13 de Marzo de 10:00 a 14:00 horas.
  • Tapices: 3 tapices.
  • Lugar: Pavillón Municipal de SANTA ISABEL en Santiago de Compostela.
  • Entrega de medallas de 13.30 a 14.00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
  • Na competición Sénior, os deportistas júnior poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
  • Na competición Cadete, con autorización paterna e baixo a responsabilidade do adestrador, TODOS os deportistas ESCOLARES poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
  • Os deportistas ALEVINES de  último año, poden participar no campionato, para facer combates de fora de competición e continuar coa súa formación, de cara o cto. De España escolar. Trataremos de que loiten entre os alevines e contra os escolares.
  • Trataremos de agrupar os pesos, fora de competición, para que todos os deportistas poidan loitar, co fin de mellorar a súa preparación de cara os campionatos de España.
  • Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
  • Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
  • A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.

Toda a info aquí.

ARREGLO CAMPIONATO GALEGO GRAPPLING 2021
Anterior

CAMPIONATO GALEGO DE LOITA GRAPPLING

WEBINAR DE GRAPPLING (1)
Seguinte

WEBINAR DE ARBITRAXE

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>