Con un total de 11 medallas de ouro, 7 de prata e 11 de Bronce, as diferentes seleccións Galegas que competiron este fin de semana [21 y 22 de marzo] nos campionatos de España sénior e cadetes celebrados en Madrid acadaron:
- Galicia: Campioa de España sénior e cadete en Loita Feminina.
- Galicia: Campioa de España cadete de Loita Libre.
- Loita Grecorromana cadete: Galicia terceira clasificada.
- Loita Libre Olímpica sénior: Galicia terceira clasificada.
- Loita Grecorromana sénior: Galicia oitava clasificada.
Rotundo éxito dos loitadores Galegos nos pasados campionatos de España de Loitas Olímpicas, acadando Galicia un tercio das preseas en xogo a nivel nacional.
Con un total de 11 medallas de ouro, 7 de prata e 11 de Bronce, as diferentes seleccións Galegas que competiron este fin de semana nos campionatos de España sénior e cadetes celebrados en Madrid acadaron:
- Galicia: Campioa de España sénior e cadete en Loita Feminina.
- Galicia: Campioa de España cadete de Loita Libre.
- Loita Grecorromana cadete: Galicia terceira clasificada.
- Loita Libre Olímpica sénior: Galicia terceira clasificada.
- Loita Grecorromana sénior: Galicia oitava clasificada.
Rotundo éxito dos loitadores Galegos nos pasados campionatos de España de Loitas Olímpicas, acadando Galicia un tercio das preseas en xogo a nivel nacional.
O éxito das clasificacións individuais, temos que sumar que os clubs:
- Keltoi de Vila de Cruces: Campión de España de Loita Feminina cadete.
- Club San Ignacio de Vigo: Bronce en Libre Olímpica cadete y Libre feminina sénior.
Dos 50 deportistas desprazados ata Madrid, 29 obtiveron medalla no nacional, polo que o traballo de calidade que están a levar os Clubs en Galicia, está a dar os seus resultados.
O traballo de formación da base deportiva, ten como consecuencia directa o bo resultado na categoría cadete, que o ano pasado tivo tantos problemas a nivel nacional. A falta de resultados do ano anterior, veuse compensada sobremaneira durante este ano 2015.
Moitos dos nosos deportistas acudiran o vindeiro sábado 28 de Marzo os campionatos de España júnior e escolar en Madrid.
Sen comentarios