ÁrbitrosFederacionFegaloitaLoita GrapplinMMA

CLINIC NACIONAL DE ARBITRAXE

A Federación Galega de Loita e D.A. organizou xunto coa Federación Española un Clinic Nacional para árbitros nas instalacións do CGTD de Pontevedra o pasado sábado 17 de Decembro.

 

Este foi o segundo clinic nacional que se organizou nas instalacions do CGTD de Pontevedra durante este mes de Decembro. A colaboración entre a Federación Galega e a Federación Nacional de Loitas Olímpicas continua a dar novos froitos en canto a organización de eventos deportivos e formativos.

Este novo Clinic de ascenso a árbitro nacional tivo como obxectivo a formación de novos colexiados e a especialización dos existentes para as modalidades de Loita Grappling e MMA. O aumento das actividades formativas o longo do ano, atende a unha clara liña de traballo de calidade da Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. Por outra banda, o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces de Loitas Olímpicas, está a facer un profundo traballo de renovación e reciclaxe entre os membros do mesmo. Cada vez son mais as actividades específicas para cada unha das modalidades deportivas que se están a organizar dentro do calendario deportivo anual.

Por outra banda, temos que agradecer a colaboración do CGTD de Pontevedra na cesión das instalacións e do Concello de Pontevedra, moi vinculado coas actividades deportivas e formativas.

Os encargados de dirixir o Clinic nacional foron Ángel Amor e Carlos Fabián Tihebaut, ambos árbitros de máximo nivel. A Federación Galega continuará organizando eventos formativos de este calado para o próximo ano 2017.

2016-12-17-4o-torneo-navidad-san-ignacio-242
Anterior

El club de lucha san Ignacio ha realizado el sábado 17 diciembre su 4º torneo interno de navidad de lucha olímpica, en el pabellón de Teis-Vigo

Seguinte

REPORTAXE SOBRE AS NOSAS DEPORTISTAS LYDIA PÉREZ E NEREA PAMPÍN

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>