Sin categoría

CAMPIONATO GALEGO SÉNIOR E CADETE DE LOITAS OLÍMPICAS

O vindeiro sábado 30 de Xaneiro o pavillón municipal de Vila de Cruces (Pontevedra), acollerá o campionato Galego sénior e cadete de Loitas Olímpicas. Este campionato reunirá a mais de 150 deportistas, que disputarán as preseas en xogo en xornada de tarde, dende as 15:30 horas ata as 20:00 h0ras.

A competición está coorganizada pola Federación Galega de Loita e D.A. e o Club Keltoi de Vila de Cruces, principal impulsor do noso deporte na zona das Cruces e do Deza. Agradecer a colaboración do Concello de Vila de Cruces, para levar a cabo esta actividade, valedeira para o campionato de España das tres modalidades Olímpicas do noso deporte, así como a axuda dos patrocinadores do evento.

Participarán Clubs que representarán as 4 provincias, sendo este ano especialmente importante debido as citas internacionais que clasifican para os XXOO de Río 2016.

5 deportistas Galegos foron convocados para participar coa selección nacional absoluta nas mesmas datas do campionato Galego, no prestixioso Torneo Internacional de París, polo que as súas ausencias abrirán un novo abanico de posibilidades para os mais novos.

Agardamos que a competición sexa un éxito.

XORNADA AUTONÓMICA DE TECNIFICACIÓN DAS CATEGORÍAS  BASE
Anterior

XORNADA DE TECNIFICACIÓN PARA AS CATEGORÍAS BASE

head_ban_18.01.2016
Seguinte

6 GALEGOS CONVOCADOS PARA O TORNEO INTERNACIONAL DE PARÍS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>