Sin categoría

CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR E ESCOLAR DE LOITAS OLÍMPICAS

Información sobre o CAMPIONATO GALEGO JÚNIOR e ESCOLAR de Loitas Olímpicas que terá lugar o día 24 de Abril do 2021, en Vila de Cruces (Pontevedra).

O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:

 

  • Inscrición definitiva dos equipos antes do Luns 19 de Abril ás 12.00 horas.
  • PROTOCOLO ANTICOVID:
    • Entrega do CONSETIMENTO ASINADO por cada participante (deportistas, árbitros, delegados, adestradores), antes da realización do TEST de antíxenos.
    • TEST DE ANTÍXENOS a todos os participantes: de 8:30 a 9:30 horas.
    • NON poderá haber público nas gradas. Só membros dos Clubs con licenza en vigor.
  • Control de peso: de 9:30 a 10:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
  • Competición día 24 de Abril de 10:00 a 14:00 horas.
  • Tapices: 3 tapices.
  • Lugar: Pavillón Municipal de Vila de Cruces.
  • Entrega de medallas de 13.30 a 14.00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
  • Na competición Júnior, os deportistas cadetes poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
  • Na competición Escolar, con autorización paterna e baixo a responsabilidade do adestrador, TODOS os deportistas Alevines poderán participar co obxectivo de mellorar á súa formación.
  • Trataremos de agrupar os pesos, fora de competición, para que todos os deportistas poidan loitar, co fin de mellorar a súa preparación de cara os campionatos de España.
  • Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
  • Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
  • A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.

 

Para poder levar a cabo este programa deberíamos, entre todos, tomar unha serie de medidas:

  • Os deportistas deberán dar o peso na pasaxe oficial.
  • Os equipos deberán presentarse no Pavillón da competición unha hora antes do comezo da mesma.
  • Tódolos equipos participantes deberán estar ao corrente cos pagos coa Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.
  • PROTOCOLO ANTICOVID:
    • Manter a distancia de seguridade no pavillón.
    • Permanecer en todo momento coas máscaras.
    • Ter máscaras de recambio.
    • Empregar o hidroalcol, alfombras hixienizántes e esprais, para limpar as superficies.
    • Manter o protocolo FISICOVID DXT GALEGO da Federación Galega de Loita e D.A.
CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING
Anterior

CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING-GI

cartel Lucha
Seguinte

GALICIA ACUDE OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA JÚNIOR DE LOITAS OLÍMPICAS

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>