Sin categoría

CAMPIONATO GALEGO DE SAMBO Ó SÁBADO 18 DE FEBREIRO

Os Campionatos Galegos de Loita SAMBO que terá lugar o día 18 de Febreiro do 2023, en PONTEVEDRA.

O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:

  • Inscrición definitiva dos equipos antes do luns 13 de Febreiro ás 12.00 horas.
  • Control de peso: de 9:30 a 10:00 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
  • Competición día 18 de Febreiro de 10:00 a 13:30 horas.
  • Tapices: 3 tapices.
  • Lugar: Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra
  • Entrega de medallas de 13:30 a 14:00 horas.
  • As medallas serán: ouro para o primeiro clasificado, prata para o segundo clasificado e dous bronces para os semifinalistas.
  • Haberá trofeo para os tres primeiros clubs clasificados.
  • No caso de que nun peso soamente houbera un participante non se repartirá a medalla.
  • Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
  • En caso de haber categorías con un só deportista, a Federación PODERÁ XUNTAR CATEGORÍAS DE PESO, PARA QUE TODOS OS DEPORTISTAS podan loitar.
  • Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
  • Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
  • A Federación non se fará cargo do transporte nin da manutención dos participantes.

 

Para poder levar a cabo este programa deberíamos, entre todos, tomar unha serie de medidas:

  • Os deportistas deberán dar o peso na pasaxe oficial.
  • Os equipos deberán presentarse no Pavillón da competición unha hora antes do comezo da mesma.
  • Tódolos equipos participantes deberán estar ao corrente cos pagos coa Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A.

Requisitos mínimos para unha correcta organización da competición:

 

  • Os adestradores que acompañen os deportistas na esquina do tapiz deberán:
    • Levar o control dos combates dos seus deportistas durante a competición.
    • Levar o chándal do club correspondente.
    • Dirixirse os deportistas, árbitros e organizadores con corrección.
    • Ter preparados os deportistas durante a competición.
    • Subir o podio co chándal do club para a recollida dos trofeos.

 

  • Os delegados terán conta das:
    • Reclamacións dos Clubs de cara a Federación ou o colectivo arbitral.
    • Trasladar as demandas os organizadores.
    • Atender as incidencias ou lesións dos deportistas do seu club durante a competición.
    • Recoller ou preguntar o colectivo arbitral sobre as roldas de competición que non aparecen nas planillas.

 

  • Os deportistas terán que:
    • Competir coa vestimenta adecuad   a o regulamento.
    • Estar preparados para cando son chamados a competir.
    • Non poden dirixirse nas protestas os árbitros ou xuíces, terá que ser o seu adestrador quen faga esta reclamación.
    • Subir o podio co chándal do club o que representan.

 

De precisares algunha outra información non dubides en poñerse en contacto connosco.

Sen outro particular reciba unha aperta.

Pablo Pintos

Responsable da competición.

 

 

  • TABLA DE EDADES:
AÑO 2023 Nacidos Edad a cumplir en el 2023
Sénior 2004 y anteriores 19 años y mayores
Juvenil 2005-2006-2007* 16, 17e 18 anos
Cadete 2007-2008-2009* 14, 15 e 16 anos
Escolar 2009-2010-2011 e 2012* 11, 12, 13 e 14 anos

*Autorización paterna.

CATEGORÍAS NACIONALES

 

ESCOLARES CADETES JUVENIL SÉNIOR
MAS FEM MAS FEM MAS FEM MAS FEM
46 41 46 41 53 47 53 47
49 44 49 44 58 50 58 50
53 47 53 47 64 54 64 54
58 50 58 50 71 59 71 59
64 54 64 54 79 65 79 65
71 59 71 59 88 72 88 72
79 65 79 65 98 80 98 80
88 72 88 72 +98 +80 +98 +80
+88 +72 +88 +72

 

Selección Galega U-15
Anterior

GALICIA ACUDE CON 72 PARTICIPANTES A LOS CTOS. DE ESPAÑA U15, U17 y U23

Seguinte

Esta é a nova máis recente

Fegaloita

Fegaloita

Sen comentarios

Deixa o teu comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>