CAMPIONATO GALEGO DE GRAPPLING, 3 DE DECEMBRO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
Santiago de Compostela acollerá o vindeiro sábado 3 de Decembro, os campionatos Galegos de Loita Grappling, para todas as categorías de idade.
Campionatos Galegos de Loita GRAPPLING que terá lugar o día 3 de Decembro do 2022, en SANTIAGO DE COMPOSTELA. A cita autonómica será valedeira para os campioantos de España de cada unha das categorías.
O programa quedaría do seguinte xeito, a falta de concretar algunhas cuestións:
- Inscrición definitiva dos equipos antes do Venres 28 de Novembro ás 12.00 horas.
- Último día para cambios de peso: mércores 30 de Novembro as 12:00 horas.
- Control de peso: de 16:00 a 16:30 horas. HABERÁ 1 KG DE MARXEN.
- Competición día 3 de Decembro de 16:30 a 19:30 horas.
- Tapices: 3 tapices.
- Lugar: Pavillón MUNICIPAL DE SANTA ISABEL.
- Entrega de medallas de 19.30 a 20.00 horas.
- Todos os participantes, deportistas, adestradores ou delegados deben ter licenza en vigor na presente tempada.
- Cada club debe presentar un árbitro ou auxiliar que colabore co Colexio de Árbitros.
- Cada club debe presentar un adestrador/técnico.
Sen comentarios